O ASASINAR COBARDE DA BELEZA

Ós pirómanos do  monte

Onde está o rostro do que acende o lume?
Os morcegos da sombra, as traidorías?

Fuxe con alma alombada cando fuxe
con pisada furtiva e asasina?

Quen acende as restrebas, os rastrollos,
deixando tras de si lume mordendo
árbores, matos, aves, alimarias?

Quen mata o aire co aseitar da chama
que acora a quen se achega a exterminalo?
Que paixoes remoen ó que queima?

Non lle doen nas entranas as paisaxes,
o asasinar cobarde da beleza,
coverter en fogueiras as herdades
e converter as terras en borrallas?

Que afán na podre man que estreba o misto
ou que cervos, maliaxes, os que os rillan?
Que lobos, que rancuras despeitadas 
lle estan sugando arreo as irtas veas?

Son fillos de Caín como o que mata,
ou son fillos sen nai, amor nin alma,
veleno, refugallo rexeitado?

Fede a traición o fume das toradas
Negra traición a que asesinan os adros,
a que prende nos montes as fogueiras.

Que alieníxena chama os rilla dentro?
Que almagre, en vez de sangue, os alucina?

Desmemoriado río
Pura Vázquez
Fotografías de Brais Lorenzo/EFE e LA VOZ DE GALICIA

Comentarios

Publicacións populares