POIDAN SAÍR A RÚA

Abrente

As ás veñen sempre escondidas no peito,
é hora de que as nenas, os nenos, aprendan a usalas
compartamos o cálido voo da madrugada.
para que as mulleres sexan indias como se é branca,
sen que a súa raza sexa un pexorativo, sen odio sen vinganza,
coa cabeza no alto, coas mesmas ás abertas,
para que mulleres brancas, negras, mulatas, morenas, poidan saír á rúa
poidan voar, sen sentir unha pedrada.
Imos prender unha fogueira que alume o voo dos nenos, as nenas de Guatemala.

Que rompan as rúas da miseria, para que neles xermine a esperanza
que a guerra estea lonxe, as pistolas sexan luces e non balazos,
para que as miñas primas poidan ir xogar ao parque
sen temor a ser unha bolsa tirada no pavimento,
porque as ás no peito non queden picadas,
hai que soprarlle forte á violencia…para que se vaia.

Carolina Alvarado López (México, 1986)

Comentarios

Publicacións populares