CONTEMPLANDO. MIRANDO. PENSANDO...

VII

Viaxei polos montes. Percorrín montañas,
estradas, vieiros, vilas con campás.
Contei polas noites estrelas no ceo.
Admirei a lúa na súa ancha cara.

Eran ceo e terra o que contemplaba.
O verde aquí embaixo. Enriba unha orxía 
de noite estrelada. O Carro e as Osas.
A Polar fulxindo no cenit azuado.
Extensión sen medida, nos anchos
das noites escuras ca lua alumando.

Gostábame estarme quediña un anaco
na ventá debruzada.
Contemplando. Mirando. Pensando...

Soñando! Natureza e alma
falando entretidos diálogos.
Ata sentirme exhausta.
Cansadas as anseas.

Pasatempo ferido de versos (1999)
Dora Vázquez

Fotografía feita en 1956 no lugar de Mirón en Larín (Arteixo-A Coruña). Arquivo de D. Vázquez

Comentarios

Publicacións populares