ANITA E BILLIE
Billie Holiday (1915-1959) e Anita O' Day (1919-2006) aparecen neste post con algunhas das súas mellores cartas de presentación que lles serviron a ambas para labrarse o recoñecemento, por parte de crítica e público, como dúas auténticas e versátiles cantantes de jazz, cuxas interpretacións saltaron por enriba de modas, vidas rotas, crises, drogas e racismo.
Así sobre a mesa queda despregada esta combinación de reinas da voz, que aposta por chegar a todas as sensibilidades coa convicción de non defraudar.
Ambas as estadounidenses, unha negra de Filadelfia, outra branca de Chicago, coñeceron os tugurios de mala morte onde empezaron desde moi novas a cantar, como tamén descubriron a maxia de poder gravar un disco ou de formar parte dunha das tantas orquestras que percorrían Estados Unidos e as levaron tamén aos máis selectos auditorios.
Pero, o devandito, aínda hoxe quedan as súas cancións, unhas máis inspiradas, as máis, outras menos, que non pasan desapercibidas ás máis variadas personalidades amantes da música.
Nestes cinco discos hai material abundante para mergullarse nas máxicas augas do jazz intemporal, onde, ademais das voces aquí promocionadas, aparecen moitos e coñecidos músicos que escribiron as mellores páxinas do referido xénero musical.
Comentarios