BIBLIOTECA/OS LOBOS/ÁNXEL FOLE

 





Ánxel Fole retrata no seus Contos de lobos as relacións e crencias do pobo galego respecto a estes animais, compaxinando a atmósfera de misterio que os envolve co dramatismo da súa violenta ferocidade. Esta edición, atractiva para tódolos públicos e concebida especialmente para o seu uso no ensino a diferentes niveis, inclúe unha introducción á vida e á obra de Ánxel Fole, un estudio sobre o lobo na súa narrativa, un pormenorizado comentario de texto e unha abundante serie de notas aclaratorias. Selección, introducción e notas correron a cargo do catedrático e escritor lucense Claudio Rodríguez Fer, precisamente autor do libro  A Galicia misteriosa de Ánxel Fole.













Comentarios

Publicacións populares