CAMISAS DE CRISTAL LAVAN
Lavandeira
A chuvia e a lavandeira
van ó río coa colada.
Galicia é camiño párvulo
e nube grosa, empreñada.
Camisas de cristal lavan
no río, pra tres estrelas.
Son tres e todas tres berran.
A Rosa, e a Pepa e a María Manuela.
Fenestras, panos de adeuses
pra o vento que sempre emigra.
Galicia é un reló de outono
con follas de despedida.
Obra en galego
Euxenio Montes
Comentarios