LIBRO TRAS LIBRO

A  lectora de libros

Aos tres aos Matilda xa aprendera a ler soa valéndose dos xornais e revistas que había na casa. Aos catro lía de corrido e empezou, da maneira máis natural do undo, a desexar ter libros. O único libro que había naquel "ilustrado" fogar era un titulado Cociña fácil, que pertencía a súa nai. Despois de lelo de cabo a rabo, e de aprender de memoria todas a recitas, decidiu que quería algo más interesante.

        —Papá —dixo—, non me poderías comprar algún libro?
        —Un libro? —preguntou el— . Para que queres un maldito libro?
        —Para ler, papá.
        —Que demos ten de malo a televisión? Compramos un precioso televisor de doce polgadas e agora vés ti pedindo un libro! Estaste botando a perder, miña filla.

Os días de semana Matilda quedaba soa na casa case todas as tardes. O seu irmán, cinco anos máis vello ca ela, ía a escola; seu pai marchaba a traballar, e a súa naia liscábase a xogar ao bingo unha vila a oito millas de alí. A señora Wormwood era unha viciosa do bingo, e xogaba cinco tardes á semana. O día que seu pai se negou a comprarlle un libro, Matilda, pola tarde saíu soa e encamiñouse á biblioteca pública. Ao chegar dirixiuse á bibliotecaria, a señora Phelps, e preguntoulle se se podía sentar un chisco a ler un libro. A señora Phelps, algo sorprendida pola chegada dunha nena tan pequena sen que a acompañase ninguna persoa maior, deulle a benvida.


       —Onde están os libros infantís, por favor?
       —preguntou Matilda.
       —Están alí, nos estantes máis baixos— indicou a señora Phelps— . Queres                que che axude a buscar un bonito, con moitos debuxos.
       —Non, graciñas —dixo Matilda— . Creo que hei poder apañarme soa .

Desde aquela, así que a súa nai marchaba para o bingo. Matilda dirixíase todas as tardes á biblioteca. O traxecto leváballe só dez minutos e quedábanlle dúas fermosas horas para devorar libro tras libro, tranquilamente sentada nun acolledor recuncho. Cando tivo lidos todos os libros infantís que había alí, comezou a buscar algunha outra cousa. 
                

Matilda
Roald Dahl
Debuxos de Quentin Blake

Comentarios

Publicacións populares