O SEU VERMELLO SANGRANTE

Canción das Médulas

As Médulas son un mundo
insólito e alucinante
cos seus castiñeiros vellos 
e o seu vermello sangrante.

As Médulas son Gallaecia,
o propio ser ancestral,
terra galega onde vive
a nosa patria inmortal.

Nas Médulas ou Medulio
os galegos doutra idade
elixieron entre a morte
ou perder a liberdade!

As Médulas, montes de ouro,
que saqueou o romano,
gardan un fondo misterio
e un segredo sobrehumano!

Na soidade das Médulas
aboia un estraño medo:
óllase vir de Orcellán
ao Lago de Carucedo...!

Cancioneiriño de Valdeorras
M. Outeiro Hortas (Manuel María)
Fotografías © National Geographic

Comentarios

Publicacións populares