FLAMA SOBRE A NEVE
Inverno na miña vila
Fino ceo de telaraña
cinza de pérola.
Un galo canta,
flama sobre a neve.
As murallas durmen,
redondas e brandas.
Roto o resorte do pobo,
as voces caen en cabezais
de nardos.
Horas sin ferro.
Reloxio de fariña:
neve.
Sairá a lúa,
como unha raxa de melón
fría e doce.
Sombra do aire na herba
Luís Pimentel
Luís Pimentel
Fotografía ©Turismo de Galicia
Comentarios