COMO ALGO QUE O MUNDO TIROU

Alguén que ninguén coñece

Sola nun bar unha moza está sentada
Sorríndolle ao baleiro.
E de cando en vez sorrí aos ollos dos homes
No espello que colga na parede.

Espera a alguén e sabe que non hai ninguén
a quen lle importa se vén ou se vai,
Só unha alma nas sombras que o mundo nunca ve,

Ela é alguén que ninguén coñece.
Alguén que ninguén nunca coñeceu
Chorando onde ninguén pode ouvir,
Alguén está a morrer só
nunha cidade onde a ninguén lle importa.

Abaixo na cuneta un vello caera
como algo que o mundo tirou.
E a multitude trasnoitadora íase sen que ninguén 
Se molestase en mirar cara abaixo onde xacía.

O ancián estaba a chorar sen poder facer nada
Para limpar as manchas da súa roupa;
Sinxelamente unha alma nas sombras que a vida deixou atrás,
É alguén que ninguén coñece.

Alguén que ninguén coñeceu xamais,
Chorando onde ninguén pode ouvir,
alguén está a morrer só
Nunha cidade onde a ninguén lle importa.


Somebody Nobody Knows (Border Lord) 1972
Kris Kristofferson

Comentarios

Publicacións populares