OUTRAS VOCES, O BELIDO PERDEDOR


Leonard Cohen, novelista

Coque Soto

Leonard Cohen (Montreal, 1934-Los Ángeles, 2016) aínda que estivo moi unido á música desde moi novo, faceta pola que é coñecido a nivel internacional a partir de 1967, ano de aparición do seu primeiro elepé, desenvolveu unha longa e frutífera carreira literaria que se inicia a nivel bibliográfico en 1956 coa edición de Let Us Compare Mythologies (1956), primeiro libro de poemas do canadense. Con todo, a faceta lírica de Cohen queda para outra data, agora recomendo as dúas novelas publicadas antes da súa fulgurante aparición no ámbito da música popular. Trátanse de The Favourite Game (1963) e Beautiful Losers (1966).

O xogo favorito é a miña preferida das novelas de Cohen, quizais porque, en parte, ofrece un contido autobiográfico nalgúns casos sobre todo nesa liña de procura dun destino do personaxe principal, aínda que tamén nótase a capacidade fabuladora escorada cara ás voces máis representativas da novela anglosaxoa ás que impón a súa melancólica ollada un Cohen novo pero agudo observador.

Acerca de Beautiful Losers, Cohen dixo no seu momento: "Creo dar todo que naquel momento tiña. Tento levar a cabo a entrega total; ás veces consígoo e ás veces fracaso, pero é sempre unha proba de carácter. Quero dominarme a min mesmo".

As obras foron escritas durante a estancia de Cohen na illa mediterránea e grega de Hydra, onde estivo acompañado dunha das súas musas e muller inmortalizada na canción So long, Marianne.

Comentarios

Publicacións populares