OASIS DE SOMBRA


 DUBIDO que existise se ti non existises,
se non lle deras a alma completa que lle dabas,
se non viras historias, plagadas de Templarios,
onde tan só as hedras cubrían un portal.
Dubido que Molina latexase sen ti,
sen aquela melura que sempre lle adicabas,
sen o horizonte rexo do retorno invariable
incluso cando a vida impoñía a súa lei.
Pero Molina é máis, é un oasis de sombra
nun camiño de estrelas que vai buscando o mar,
unha ponte románica e amendoeiras con pavías 
e un cartel que declara le pont aux pèlerins.

Molinaseca ó lonxe
Domingo Tabuyo

Comentarios

Publicacións populares