RESTOS DESENTERRADOS
Xustificación
As computadoras arqueolóxicas
do ano dous mil quinientos
alcontrarán eiquí,
niste meu cimenterio privado,
un gran depósito de esqueletes.
O Carbono-14 dirá que son da nosa época
i o seleutor eletrónico clasificará os restos:
Homes de lápiz na orella,
homes cazadores de homes,
homes corruptores da cencia,
homes torturadores de homes,
homes derrubadores de concencias,
homes furtadores do traballo dos homes, homes vendedores das patrias dos homes, homes de ben,
bos e xenerosos (soio unhos poucos).
Serán desenterrados outros restos
que non poderán ser identificados
por acharse en estado gaseoso.
Suporáse que foron víctimas do napalm
nunha guerra que houbo séculos denantes
nun país que xa non estará no mapa.
Cimenterio privado
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
Imaxes do museo submarino fronte a costa de Lanzarote, creado polo escultor Jason Taylor.




Comentarios