ERRANTES
Somos os vagabundos, os fracasados,
os inadaptados, os inesperados, os parias.
os inadaptados, os inesperados, os parias.
Levamos os farrapos dos desenganados
e fedemos a lixo.
e fedemos a lixo.
É ese o prezo da liberdade?
a nosa liberdade
pagámola sen relear
a arte é o noso único paraíso.
a nosa liberdade
pagámola sen relear
a arte é o noso único paraíso.
Que poden os vosos infernos contra as nosas alegrías?
A sorriso-trofeo dunha lectora, dun lector
debates a páxinas arrincadas dos apaixonados
viños de contradicións con ideas rotas
cafés-areas onde se cruza o despropósito
debates a páxinas arrincadas dos apaixonados
viños de contradicións con ideas rotas
cafés-areas onde se cruza o despropósito
brindamos polos inútiles necesarios
aqueles que non salvan a ninguén
pero reparan a todo o mundo
aqueles que non saben nin deter a guerra
nin morrer en lugar dos inocentes
pero teñen os seus refachos de esperanza.
aqueles que non salvan a ninguén
pero reparan a todo o mundo
aqueles que non saben nin deter a guerra
nin morrer en lugar dos inocentes
pero teñen os seus refachos de esperanza.
Somos os errantes que perden o rumbo
cando o caos mestura a confusión
porque aínda sabemos amar…
cando o caos mestura a confusión
porque aínda sabemos amar…
Pathé Dieye
Imaxe sobre fotografía de Balou Salo

.jpg)
Comentarios