NON É UN TEMPO BALEIRO

A luva do tempo de Edward Hopper

Certo non son máis que a sombra dun pasaxeiro neste planeta
     pero á miña alma gústalle vestirse con elegancia
     a pesar das manchas.
     Ela atravesa a porta.
     Quítase a súa luva.
     Seica vira a cabeza.
     Seica cruza a perna.
     Esa é unha pregunta.
     Quen está a falar.
     Tamén unha pregunta.
     O único que podo dicir
     é que non vexo ningunha proba doutra luva.
     As palabras non son unha frase, non te demores niso.
     Demórate nisto.
     Non é un tempo baleiro, é o momento
     en que as cortinas voltean dentro do cuarto.
     Cando se prepara a lámpada.
     Cando a luz dá contra a parede xusto aí.
     E a luva?
     Entón elevouse: a vida que ela podía vivir (par lles soirs bleus d’été).
     Dá a casualidade
     de que a pintura é inmóbil.
     Pero se achegas a orella ao lenzo oirás
     os sons dun gran retrouso que vai avanzando.
     Nalgún lugar alguén viaxa cara a ti,
     viaxa día e noite.
     Pasan bidueiros sen follas.
     O camiño vermello desvanécese.
     Toma, agarra isto:
     unha proba.
     Dá a casualidade
     de que unha boa luva de etiqueta
     mide 22 centímetros da baíña á punta dos dedos.
     A esta luva tomárona “por detrás”
     (como dixo Godard da súa King Lear).
     Mentres escoitaba ás súas fillas Lear
     desexou ver os seus corpos enteiros
     estirados ao longo das súas voces
     como cabritiña branca.
     Pois en que difire o tempo da eternidade excepto en que o medimos? 


Ann Carson
Pinturas de Edward Hopper

Comentarios

Publicacións populares