SEN DECATARTE
Ás veces a pel percibe
a chegada da néboa
antes que os ollos. A néboa
que quere ser a túa pel, e xa é
a dos ríos, as montañas e os faros.
Xusta, precisa, fresca:
por un instante estás na pel da néboa
lembras a un tradutor, cuxa versión
che fixo consciente da túa propia postura,
a postura do edificio de vivendas
a do centro comercial,
a dos autobuses e os barcos.
Todos vostedes comparten a pel da néboa
como os órganos, a carne e os ósos
comparten o pensamento.
Guiado polo tradutor chegas
á metade da túa vida sen decatarte.
A túa inercia faiche camiñar con pasos de infancia,
pero se a infancia require
de toda unha vida para corrixirse
que importa perderse de cando en vez. Perderse
ás veces no auto, ás veces no estudo,
ás veces en conversacións que se enredan e ramifican.
Cada vez que te detés, quedas atrapado
nunha zona controlable. Cando
nacerá en ti esa salvaxe ambición? —traducirche
a ti mesmo… talvez toda a vida
póidase traducir así —
«todo o que a carne dispersa
a néboa o recolle de volta».
大 雾
有时候,皮肤比眼睛
更快地觉察到雾的临近。雾
想成为你的皮肤,它已成为
河山与灯塔的皮肤。
贴合、恰适、清凉——
有一会,你在雾的皮肤里,
忆起一位译者,他的译作
让你意识到自己的姿态,
居民楼的姿态,百货楼的姿态,
公交车和航船的姿态。
你们共用着大雾的皮肤
就像体内的骨肉脏器和思想。
沿着译者的牵引,你来到了
人生的中途,却毫无察觉。
你的惯性让你迈着童年的步伐。
如果童年的方向要用一生去修正,
偶有迷途又有何妨。迷途
偶或在车上,偶或在书房,
偶或在纠缠蔓生的交谈。
你每次阻止自己,就是滞留在
一个可控的区域。你何时
生起那样的野心——自己
翻译自己。也许终其一生,
都可以这样翻译——
“肉身散布出去的所有结果
大雾都将它收了回来。”
Fotografías de Emilio Blanco "Milucho"



.jpg)
.jpg)
Comentarios