Cando chega o Nadal, recordo sempre ao meu amigo José Corral Díaz (1918, Clarés de Ribota (Zaragoza)-2004, Ourense), persoa afable que na súa obrigada transhumancia recalou na cidade de Ourense onde se quedou para sempre e onde desenvolveu un importante traballo artístico. Os seus lenzos tan cargados de luz, se de cadra aquela da Mancha de fidalgo tolo ou da Valencia sorollesca que coñeceu de soldado na guerra, quedan para os que gustan da pintura sinxela, sen adornos, de cores vivas.
Hoxe repaso as pegadas de Corral nun óleo dunha vista da cidade de Lugo nos anos setenta, dende a muralla romana. A outra e unha escena xa desaparecida das nosas terras: o traballo na sega. Pode parecer que se desenvolve en Castela, pero non, é na provincia de Ourense, da que o pintor deixo unha abundante obra plástica, tanto da súa xeografía como das xentes ou dos monumentos.
Un grato recordo para o amigo Corral.

Comentarios