Peches de vaos

Os vaos das paredes péchanse con portas, vidreiras e cancelas.

As portas varían de estrutura consonte a importancia do oco que pechan: as máis fortes e mellor feitas son a do primeiro piso; fortes tamén, anque menos coidadas, as das cortes; as máis sinxelas son as do interior. Finalmente, as cancelas do corredor e dos cortellos teñen unha estrutura particular de acordo coa súa misión.

As portas das cortes teñen todas elas un gran parecido entre si. Son de dúas follas pra que poida entrar e saí-lo carro; están formadas por un bastidor de madeira e, por fóra del, levan un forro de táboas colocadas verticalmente. A folla que non se abre a diario queda suxeita cunha tranca de madeira e algunha vez de ferro. Raramente se ven usados pasadores pra este obxecto.
De don
ourense
A casa
Xaquín Lorenzo (1907-1991)


Fotografías de © Roque Soto




Comentarios

Publicacións populares