As vellas e os vellos dicíanme cando quedaba pasmado ante o brilo das estrelas pola noite que moitos anos atrás houbo un grande movemento no ceo. Constantemente pasaban estrelas fugaces dun lado a outro. Algo malo vai pasar!, exclamaban algúns. E así foi un 18 de xullo, día do comezo dunha guerra civil cuxas feridas aínda non se pecharon de todo.
l
l
l
Nocturna, fotografía de Emilio Blanco
Comentarios