Colmeas

As abellas téñense en colmeas ou cortizos, que poden ser cilíndricos ou cuadrados. Chámanse tamén trobos e cobos.

Os primeiros fanse con dous ou tres anacos de cortiza de sobreira que se cravan entre si con tornos de madeira; pódense tamén facer cun tronco oco de castiñeiro. Nun e noutro caso, tápanse por riba cunha tapa, tamén de cortiza ou de táboas, neste caso con cravos de ferro.
As colmeas cuadradas fanse con catro táboas e outra por riba.

Unhas e outras levan no interior dúas cruces formadas por dous paus atravedados; a cruz inferior é para descansaren nela os trebos (chamados tamén entenas) da cera; a superior, chamado xuício, axuda a sostelos e serve para sinala-lo sitio até onde se pode saca-lo mel.

As colmeas póñense por riba dunha lousa, coidando que na base quede un burato para entraren e sairen as abellas; pódese aproveitar con este obxecto alguna fenda natural ou facerlla, ou tamén descansa-lo borde sobor dalgunha pedriña que deixe vagar para o seu fin.

As fendas e buratos así como as xuntas que haxa na colmea cómpre tapalas, barrándoas con bosta amadada con auga.

Polo xeral, as colmeas téñense nunha horta todas xuntas agarimadas dos ventos fríos, e póndolles preto algunhas plantas de que as abellas gustan, como o romeo.

Nalgún sitios, as colmeas téñense en albarizas. Para saber máis, mirar no post 04/06/2009


A terra
Xaquín Lorenzo

Fotografía Sam Rock
Debuxo de Xocas


Dedicado a Pepe O alcalde


Comentarios

Publicacións populares