Figueira=Especie leñosa frutal moi importante que acompaña ao home dende os inicios da civilización. Os froitos son comestibles crus, en conserva, secos ou confitados. Taén lle atribuen usos medicinais: os froitos en decocción se utilizan para calmar tose e o leite, que flue pola ferida que deixan as follas ao seren arrincadas, é util para combatir verrugas e antigamente utilizábase para callar o liete e para combater as caries dentais. Os figos teñen propiedades laxantes.
Florece en primavera.
Orixinaria da Rexión Mediterránea e do sudoeste de Asia.
Habita en lugares soleados con solos húmidos ou rochosos.
A máis grande parte das poboacións, tanto asilvestradas como cultivadas, teñen individuos funcionalmente masculinos e individuos funcionalmente femininos.
Comentarios