Máis auga
O meu amigo Emilio Blanco na súa particular busca da cagalla do lagarto fotográficamente falando sempre atopa un encadre que farta a miña fame de imaxes da natureza. Como eu, parece que as fotografías deste sanclodino do sur lugués que recorre o Sil silandeiro as máis das veces, mellor feitas cas miñas e con máis arte, recollen con insistencia o fluír da auga, case sempre en estado salvaxe, salvo excepcións, como esa do lago de alta montaña en Francia. Pois a velas, porque é un bo xeito de quitarnos a sede a quen tanto botamos de menos unha natureza máis ao seu aire, sempre que este estea limpo, sen presenzas alleas que a estraguen.

Comentarios

Publicacións populares