Pobo branco
Pendurado dun barranco
dorme o meu pobo branco,
baixo un ceo que a forza
de non ver nunca o mar,
esqueceuse de chorar.

O sancristán viu
facerse vello ao cura,
o cura viu ao cabo
e o cabo ao sancristán,
e o meu pobo despois
viu morrer aos tres,
e pregúntome: porqué nacerá xente
se nacer ou morrer é indiferente.



Pobo branco
Juan Manuel Serrat

Comentarios

Publicacións populares