DE MAREIRAS BALDÍAS

Veño dun Mar de Estío,
dunha praia sombriza onde xermolan
as pedras, onde arrolan
as augas negras un argazo esguio.
De mareiras baldías, dun navío
de lágrimas que rolan
polas ramplas; de rostros que consolan,
e que agora esvacio.
Veño de ver aquel ollar, fulgor
nas árvores, na neve,
a lama dos avós.
Da casa sempre en pé, do corredor.
Do siléncio abolido que alguén bebe
en labios dos illós.

Lembranza do areal
Xavier R. Baixeras (1945)
Fotografías de Emilio Blanco "Milucho"

Comentarios

Publicacións populares