Deixeime caer desde Reno, perseguido por 20 cans. Non ía durmir aquela noite ata que chegase a mañá. Púxenme a correr pero tomei o meu tempo, un amigo do diaño é amigo meu. Se chego a casa antes do abrente quizais poderei durmir un intre ata a noite.
Acudín ao diaño, nena, e prestoume 20 billetes. Fixen noite en Utah, nunha cova dos outeiros.
Corrín para o embarcadoiro pero o diaño paroume. Tomou o meu billete de 20 dólares e esvaeceuse no aire.
Teño dúas razóns para chorar nas noites solitarias.
A primeira chámase Anne Marie, a delicia do meu corazón. A segunda é a prisión, nena, o sheriff está sobre a miña pista e se me atrapa pasarei a miña vida na cadea.
Deixei unha dona en Chino, e outra en Cherokee. A primeira dicía que tivera un fillo pero que non se asemellaba a min.

l
l
Canción, Friend of the devil, de Robert Hunter, no disco American Beauty, do grupo do galego García, Grateful Dead. Sí, o elepé da rosa na portada.
Fotografía de Iñaki Osorio, pasada polo Photoshop CS3
Espazo adicado a Charly, sempre Suaves.
Comentarios