Solpor 

Era un salouco feble e sonoro
a voz do mar aquela tarde...O día,
non querendo morrer, con garras de ouro
dos cantiles prendíase.
Pero o seu seo o mar alzou potente,
e o sol, ao fin, como en arrogante leito,
fundiu nas ondas a dourada fronte,
nunha brasa azourida desfeito.
Para o meu pobre corpo dorido,
para a miña tristeira alma lacerada,
para meu teso corazón ferido,
para a miña aceda vida fatigada...,
o mar amado, o mar apatecido,
o mar, o mar, e non pensar en nada!...


Ocaso, Antología
Manuel Machado (1874-1947)


Para os meus amigos, fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares