NIÑO DE PEDRA

O silencio de Mondoñedo

Como outras veces, amigo meu,
chegaches silencioso,
ao teu niño de pedra: Mondoñedo,
que sempre foi para ti
supremo agasallo, alta delicia...
Pero esta vez chegaches morto!:
pechádos os ollos, murcho o sorriso,
sen voz a túa boca
onde florecía a palabra máis fermosa.
Agora, amigo meu,
volviches para sempre a Mondoñedo,
berce e sepulcro dos teus longos soños.
As bágoas das campás que te mencionaron
rompían o silencio
para tí feito poema...
Ese silencio antigo
que se mete docemente no alma
como unha néboa mística...
Agora, amigo meu, compañeiro,
xa está en ti, para sempre,
o profundo silencio que cantaches!
ll

Recordando a Álvaro Cunqueiro
José Díaz Jácome (1910-1998)
l
Fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares