As imaxes das fotografías son parecidas pero non iguais. Sinalar oito diferencias entre as instantáneas. Por exemplo, na de enriba, a xente que se xunta en torno o camión pertence a terceira idade, xubilados/as que tentan coller pescado que lle ofrecen os mariñeiros en folga pola suba do gasóleo que move os seus barcos. No é estrano, a pesar de que o peixe é de ínfima categoría, pois os vellos na maioría dos casos teñen unhas pensións que no lle sirven para cubrir o gastos cada vez máis altos a resultas da inflación producida polos especuladores que sempre sacan tallada a costa dos máis afogados.
A outra imaxe é nun país deses onde hai pobreza en abundancia, máis que alimentos que lles fan chegar aos habitantes os membros da Cruz Vermella. Esas persoas, de seguro, non teñen nin unha paga ínfima para aturar a fame. Os que non poden escapar coa emigración, quedan nunha situación de sobrevivintes que os da fotografía de enriba non coñecen desde fai más de 60 anos.
¡Engade as diferencias que vexas ou similitudes! Opina que algo queda.
Comentarios