Tardiña de Nadal
O último da tarde prolóngase
como un adeus
Como aquel o noso último adeus!
A gran labarada
dun solpor fervente
consúmese nun repouso de louradas clariscas
Vésper é un berro de silencio
na festa do ceo.
E na terra a hora é serena
como unha conciencia en paz.
l
l
Mª. C. López Pombo
Bos Aires 1923
l
l
l
Fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares