A imaxe volveu a emocionarme, trátase da fotografía do lago Luisa, nas montañas Rocosas da Columbia canadense. Por que? Fai moito tempo, demasiado, nun lugar afastado cando era neno, no salón da planta había varios cadros feitos con fotografías de paisaxes, un era do lago Luisa, Alberta, Canadá, dicía o pequeno texto. A imaxe mostraba todo o esplendor da natureza: auga, montañas, ceo. Unha pequena barca, kayak índixena, navegaba polas calmas augas turquesa escuro do lago. Antes de saber nada de psicoloxía, aquela fotografía servía para me relaxar cando a ollaba. De feito transportábame ao lugar, coma se vivise a situación. Añoro ese lago, espero algún día poder visitar esas Montañas Rocosas a ambos lados da fronteira entre Estados Unidos e Canadá.
O tempo pasou e daquela fotografía queda o meu costume de visitar mediante internet todas as imaxes do lago Luisa. Agora caio na conta, cando era pequeno, os meus duas avóas, viúvas, campesiñas e co pano negro na testa, a miúdo levábanme na lancha a cruzar o río para estar con elas mentres desenvolvían os seus labores no monte á outra beira do río Sil.
Lago e río teñen as súas augas do mesmo cor. Unha diferenza, as montañas, as daquela zona de Canadá son mozas altas, escarpadas e de liñas rectas; as do meu lugar de orixe, vellas redondas e suaves. Son só pedra, pero ambas me gustan.

Comentarios