Terra do Vento Norte
Cando volvín ás Terras do Sur, a terra onde nacín,
levaba viaxando moitos anos, moito tempo lonxe.
Oh, talvez cambiara algo, realmente era un pouco máis vello
pero sentíame como un estraño que se houbese extraviado.
E recorrín ao Vento Norte, e escoitei en espera dun susurro.
As montañas chamábanme, vente a casa.
Oh terra do Vento Norte, quero andar polo teu bosque,
quero escalar as túas montañas e estender os brazos ao ceo
como o aguia dourada, no seu voo para a liberdade.
Vou saír á estrada e aprender a voar.
E non es amante de ninguén, non se te conquista facilmente.
Unha vez esquecida, non deixas que te crucen.
Agochas a túa beleza tralos teus tronos
e o falso intruso pérdese facilmente.
Segue bramando, Vento Norte, lévalle unha mensaxe ás montañas
Vou cruzar a vosa fronteira, podo capear a tormenta.
Son o fillo pródigo que volve en busca de acubillo.
Tardei moito tempo en aprendelo, pero xa veño a casa.

O viaxeiro (The traveller)
Allan Taylor

Fotografía do río Ara, feita por Emilio Blanco, a quen adico a canción de enriba do cantautor británico de Stanford Arms (Brighton): Allan Taylor, peza que dá título a un elepé.

Comentarios

Publicacións populares