IMAXES DENDE SAN CLODIO



Imaxes dende San Clodio

Para min o branco e negro ten unha latitude persoal, ten espacio para que o fotógrafo se mova. A fotografía ten moitas similitudes coa poesía. O branco e negro é a esencia, xusto como a poesía que é como a literatura pero coa auga escorrida, recordei estas palabras do fotógrafo Larry Towell (1953) ao mirar a publicación Retratos, de Antonio Vidal (1915-1994), editada polo Concello de Ribas do Sil coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo. Aínda que os separan xeografías e anos, os dous coinciden nalgúns aspectos en relación coa fotografía, mesmamente nese acercamento aos seres e ao seu vivir, como ben matiza Xosé Pérez Mondelo na presentación de Retratos.

Para min é unha ledicia reatoparse coas imaxes que xa tiña perdidas nalgús casos nese espazo do tempo perdido que é a nenez. Nese senso vexo ao meu primo Maruxo,todo un personaxe da marxinación rural, tan cruel e dura como a urban. Mais deixemos que o tempo poña a cada quen no seu sitio. E mentras tanto disfruto coas vellas imaxes en branco e negro, porque, en medo a trabucarme, volvo a Towell: "A terra fai as persoas o que son, e cando estas a perden, perden a identidade". No caso de Antonio Vidal o sempre tivo craro a súas raíces moi afundidas na terra galega que o viu nacer e que o acubilla.


Todas as fotografías pertecen a Retratos, de Antonio Vidal.

Comentarios

Publicacións populares