O río Soldón

Baixa lixeiro e veloz, como un meteoro, consciente da fugacidade daqueles que saben que o seu percorrido é curto. Desde as montañas da serra dos Cabalos, para entrar moribundo pola beira dereita do Sil, o río Soldón no seu último tramo ofrece este espectáculo captado por Emilio Blanco, quen se atreveu coa impoñentes augas brancas da Chapacuña, nun lugar onde só o ruído do líquido ao caer impón a súa música sobre outros sons naturais.



O río Soldón tamén recolle augas doutros leitos como Vilarmiel, Richein, Ferredo ou Baneiros.


Comentarios

Publicacións populares