O teatro por fóra
O teatro, en fin, volve a quedar en silencio, e o alcaide pecha cuidadosamente as portas do templo da ilusión; o poeta regresa á súa modesta habitación a durmir ao arrolo dos aplausos ou dos asubíos; o actor depon mantos e coroas, e toma paraugas e chapeu para dirixirse a cear; o vento fresco das noites deperde as quimeras na axitada mente do espectador, e cando este, ao poñer a perna na rúa, pensa aínda escoitar a terrible campá de San Marcos, recoñece con pracer que non é nada disto, senón que dan as doce no reloxo da Trindade.
l
l
Memorias de un setentón
Ramón de Mesonero Romanos (1803-1882)
l
Fotografía tomada por min nun quente verán madrileño no lugar onde pasei e paso tantas veces sen fartarme de ver edificios e tipos que de bon seguro tamén atraerían ao vello Mesonero.

Comentarios

Publicacións populares