Pregaria a un labrego


Érguete e mira a montaña
de onde vén o vento, o sol e a auga,
ti que manexas o curso dos ríos
ti que sementaches o voo da túa alma.
Érguete e mírate as mans
para medrar estréitaa ao teu irmán,
xuntos iremos unidos no sangue
hoxe é o tempo que pode ser mañá.
Líbranos daquel que nos domina na miseria
tráenos o teu reino de xustiza e igualdade.
Sopra como o vento a flor da freita
limpa como o lume o canón do teu fusil,
fágase por fin a túa liberdade aquí na terra
dános a túa forza e o teu valor ao combater,
Sopra como o vento a flor da freita
limpa como o lume o canón do teu fusil.
Érguete e mírate as mans
para medrar estreítaa ao teu irmán,
xuntos iremos unidos no sangue
agora e na hora da nosa morte amen.



El derecho de vivir en paz
Víctor Jara (1932-1973)

Canción adicada a todas as montañas da nosa terra que en pouco tempo van a coñecer cobiza depredadora desas empresas que a bombo e prato, despois de esquilmar noutros terreos, os seus donos aproveitan o teórico desenvolvemento sostible e tentan encherse os petos a custa da natureza e de quenes as habitan. Aínda que coñézase o pasado, os pobos están condenados a que historia volva a repetirse.

Comentarios

Publicacións populares