Á OUTRA ORELA
O río
é a ponte
pra pasar á outra orela
co carro
é o lavadoiro,
o muiño,
o bebedoiro do gando,
o sitio para bañarse no agosto,
pra pillar troitas
e
tamén
pra tira guizos
e ollar
como a iauga
os leva
lonxe
Paisaxe de verde chuvia (1984)
Ramón Caride Ogando
Fotografía dun río de montaña en Galicia feita por Emilio Blanco "Milucho"
Comentarios