Arriba no cordal

Que sabes de cordais
se ti naciches tan lonxe?
Hai que coñecer a pedra
que coroa o xistral,
hai que percorrer calando
os atallos do silencio
e cortar polas beiras
dos lagos cumbrereños:
o meu pai andou a súa vida
por entre pedras e cerros.
A Viúva Branca na súa anca
–a maldición do arrieiro–
levou o meu vello esa noite
a roubar gando alleo.
Xunto ao paso de Atacalco
á entrada do inverno
preguntáronlle a golpes
e el respondeu con silencios:
as gardas cordeleiros
cravaron a súa cruz ao vento.
Os Anxos, Santa Fe
foron nomes do inferno:
ata a miña casa chegaba
a lei buscando ao cuatreiro.
A miña nai agochou a cara
cando el non volveu da lomba
e arriba no cordal
a noite entraba nos seus ósos:
el que foi tan home e só
levou á morte en seu arreo.
Nós cruzamos hoxe
cun rabaño do bo
arriba no cordal,
non nos viu pasar nin o vento.
Con que orgullo me querería
se agora chegase a sabelo
pero o vento non máis sabe
onde durmiuse o meu vello
coa súa pena de home pobre
e dúas balas no peito




Entre mar y sierra (1966)
Patricio Manns
l
l
Fotografías da Lagoa da Serpe e Valle de Otal, de Emilio Blanco, percorredor de serras.

Comentarios

Publicacións populares