O infinito

Sempre cara me foi esta erma lomba
e esta maleza, a que tanta parte
do último horizonte ver impide.
Sentado aquí, contemplo inesgotables
espazos detrás dela, e sobrehumanos
silencios, e unha calma fondísima
o meu pensamento finxe; pouco falta
para que o corazón se espante. Escoito
o vento zunir entre gallas,
e comparando vou ao silencio
infinito, esta voz; e penso entón
no eterno, nas mortas estacións
e no presente, rumorosa. Nesta
inmensidade alágase o pensamento,
e o naufragar neste mar éme doce.

Cantos
Giacomo Leopardi (19798-1837)


Fotografía de Emilio Blanco






Comentarios

Publicacións populares