Camiño do tempo vello,
camiño do tempo novo:
pedra dos tempos sin tempo,
pedra dun ollor sin ollos.
Sem,ente do azar primeiro,
centella inmóvel da terra;
si latexara o teu peito,
ou si te voltaras de herba.
Si voaras, si tiveras
estrelados aguiares.
Si te romperas, penedo,
e deras a luz que sabes.
Feixe de raios ou dolmen,
lume gardado no ren,
tes xeito e alma de home
cun día quixo nascer.
É sagrado o teu silenzo:
Ao pé de ti fala a choiva,
sobor de ti canta o vento
e dentro de ti, ti escoitas.
Camiño do tempo vello,
camiño do tempo novo:
pedra dos tempos sin tempo
pedra dun ollar sin ollos.
Lonxe
Lorenzo Varela (1916-1978)
Fotografía do Naranxo de Bulnes ou Urriellu, feita por Emilio Blanco, quen de seguro coincidirá conmigo que esa maxestuosa pedra ten algo de mitolóxica, como os dólmens, menhires e obeliscos, aínda que a ciencia dispoña dunha explicación lóxica do seu nacemento.
Comentarios