BRILLANDO NOS TEUS OLLOS

A lúa da colleita

Achégate un pouco máis
Escoita o que quero dicirche
Como nenos durmindo
Poderiamos pasar a noite soñando
Pero está saíndo a lúa chea
Imos bailar á luz
Sabemos onde hai música
Saiamos a sentir a noite
Porque aínda estou namorado de ti
Quero verte bailar outra vez
Porque aínda estou namorado de ti
Nesta lúa da colleita
Cando non nos coñeciamos
Eu ollabate de lonxe
Despois cando fomos amantes
Ameite con todo o corazón
Pero agora que se está facendo tarde
E a lúa está subindo alto
Quero celebralo
Vela brillando nos teus ollos


Harvest Moon (1992)
Neil Young 


Collages de Frank Mouth

Comentarios

Publicacións populares