Neste ano cúmprense cinco décadas do inicio do estrago da lagoa Antela (A Limia-Ourense), un mar interior de auga doce que tiña unha extensión de 42 quilómetros cadrados. A súa riqueza, flora, fauna, historia, antopología, paisaxe, toponimia, folclore, quedou seriamente danada cando non desaparecida. Anos despois daquela desfeita é recomendable ler Antela. A memoria asolagada*, de Xosé Luís Martínez Carneiro, limiao de Nocelo dá Pena, en terras de Sarreaus, onde lle naceu a memoria cando ou mundo era alí un universo inmenso.
l
l
*Edicións Xerais de Galicia
Comentarios