Picos de Europa, Asturias
A esquina oriental alberga os míticos Picos de Europa, 40 quilómetros de fortín calcario no que conviven infinidade de picos e torres que deixan atrás os 2.500 metros con asiduidad. Protexidos polos ríos Sela e Deva, os Picos de Europa organízanse en tres macizos: o de Cornión, o Central ou dos Urrieles, e o de Andara, despregado ao oriente. É terra de néboas súbitas e perigosas, de filas e filas de turistas chegados de todo o mundo, de neve invencible e pobos heroicos cuxa historia foi escrita coa suor e o sangue de centos de montañeiros, científicos e espeleólogos que teñen os Picos como a paisaxe ideal para dar rédea solta á súa paixón.
l
l
Asturias: un viaje al paraíso
Tino Pertierra/Eduardo García
l
Fotografía de Emilio Blanco, quen tamén suou o seu por eses carreiros infernais, xunto a Mariángeles, para buscar imaxes dende unha boa perspectiva.

Comentarios

Publicacións populares