O mar, que foi unha palabra
baleira e sen horizonte,
hoxe é un neno que canta
sobre corenta prisións,
un neno que se esperta
como unha onda xigante,
leva nun puño unha perla
e un coral vermello no sangue.
A polo mar,
a polo mar que xa se adiviña,
a polo mar,
a polo mar, promesa e semente
de liberdade,
a polo mar, a polo mar...
O mar estános esperando a pouco tempo do sono,
só é cuestión duns pasos,
eses que reprime o medo,
vaiamos, pois, a abrazalo
como un amante que volve
dun tempo que nos roubaron,
ese que nos pertence.
O mar é máis que unha paisaxe,
tamén é un sentimento,
é un corazón que latexa
negándose a seguir morto;
non rende máis obediencia
que a que esixen os ventos,
non suxeítano cadeas
nin se detén diante da lume.
Albanta (1978)
Luis Eduardo Aute
Fotografía de Emilio Blanco, tamén de San Clodio.
Comentarios