Outro lado
Era un espazo mitolóxico dende o punto de vista dun neno. Algo así como a paisaxe tralo estoupido atómico guichado dende un sono febril. Ás veces era a selva amazónica cos seus animais axexantes e ruidosos, outras un páramo sen máis vida que os troncos das árbores esfoladas. A lenda di que por alí baixou unha santa milagreira en tempos remotos de crenzas supersticiosas. Eu sei ben que esa pena continúa igual que fai séculos. Nin invasións estranxeiras, nin guerras puideron con ela. É a outra beira, ao que nalgún momento pasarei na lenta lancha a remos para internarme na súa fraga de soño.
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios