Outras máis de outono


Paseo por un territorio esquecido do mundo, polos eidos orfos de pais e nais que os acolaron pero que aínda teñen como compañeiros de viaxe o vento, a choiva, o sol, a lúa, as estrelas, o río... ¡Non pode ser mellos a compaña!




Cantan os paxaros

É un pasaxe de vídeo afeizoado dun pobo que non espera moito da civilización, pois coido que foi ela a que o levou a sua decadencia. Só quedan de momento as paredes das casas que habitaron persoas, como tí, como eu, anónimas, que pasaron as súas existencias con máis pena que gloria, como ese vento que zoa entre as paredes espidas das casas derrubadas e as malas herbas chantadas nos cascallos. Zoar silandeiro porque os cantos dos paxaros se impoñen agora que é día. Á noite será outro o cantar.

Fotos e vídeo de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares