Desmedidas navegacións fluviais

Con cantas palavras hai que encher este rio medoño,
grande água dura de rio amarelo.
Palavras como liñas entrando no fruto oval dos leitos,
canoas violentando os cursos oblícuos da escuma
e as miñas últimas palavras contra o rio amarelo da vida,
pedras de tempo deitadas nas marxes, onde vive o século.

Rio de odioso amor: fai do tempo xelo, dorme.




Arquitecturas de cinza
Xosé María Álvarez Caccamo (Vigo, 1950)


Unha paisaxe de Ordesa captada por Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares