Deus

Alguén o viu
no peto da nixeriana
que embarazada
atravesou o estreito.
Alguén o viu
buscando un oco entre os refuxiados
que en Ingushetia
son como desfeitos.

Vela por nós
e por nós, vela.
Moitas e moitos
cren que existe
e, xusto
e xeneroso,
vela por nós
e por nós,
din que vela.

Alguén o viu
na mirada do rapaz negro
que leva ao ombro
un arma de combate.
Alguén o viu
nos bordeis sucios de Manila
xunto á nena
que vendeu o seu pai.

E é que somos iguais.
Todas e todos, si,
somos iguais
diante dos seus ollos.

Alguén o viu
entre os ósos das mexicanas,
desperdigados
por todo o deserto.
Alguén o viu
cando o sicario se gardou o revolver
e entre os coches
descansaba o morto.


Bolsillos

Pedro Guerra

Comentarios

Publicacións populares