Inverno

Ven ese ar branco e azul como alento de sede no interior da sáude to tempo.
Confusa sombra de ecos dunha chuva que doi humidamente nos osos da paisaxe.
Estala a chama seca da árvore e treme o cerne puro das cousas.
Os páxaros da névoa voan como cegos abrazos mudos à altura, ao centro frio dunha lágrima de nuven eternamente desmaiada sobre o siléncio.
Oh perfil que tan nídio unha estrela diurna branquísima!
Sexa a piedade lenta dun século que concentra a sua abóbada embaciada de sombras sobre a morte invisível.
Cómo brillan as águas da mañá cando as horas son de pedra xeada relimpa e fina.
Qué dor serena,o céu no equilíbrio cansado dun medio-dia gris que desce à terra as suas molladas asas.
Espellos de soledade e vento, íntimo lume antigo nos ollos cando a neve é un instante de soño onde renasce a luz.


Entre água e fogo

(Cantos da terra posuída)
M.A. Fernán-Vello (Cospeito-Lugo, 1958)


Fotografía de Benasque, de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares