O acto desenvolveuse na citada praza, xunto ao banco, nsituado fronte á tenda de deportes, no que morreu a muller.
O encontro serviu para ler unha reflexión sobre coidar a saúde, protexer a vida, acompañada pola música de María Xosé López, que interpretou a canción Cantarei (letra e música de Tino Baz) cunha zanfoña.
Tamén se depositaron ramos de flores no banco.
O grupo Imán pretende destacar con este acto a importancia da morte na soidade da rúa. Na opinión dos seus representantes debería crearse un espazo de respecto, pudor e reflexión para que nenos, mozos e maiores non actuen coma se nese espazo, no que fai tan só uns días falecía la moza, non pasase nada.
O acto forma parte dos que habitualmente leva a cabo o colectivo vigués cada vez que un cidadán falece na rúa. Desde xaneiro deste ano seis personas morreron nas rúas Vigo, onde non se dispón aínda dun albergue para persoas sen fogar.
Noticia obxectiva
Comentarios