Abril

Comprendín por que a primavera fora ata entón tan baleira, cóncava e sofocante. Inconscientemente apaciguabase, calaba, retrocedía ata o seu propio fondo, cedía o sitio, abríase, no seu espazo puro, o oco azul sen conxecturas nin definicións, a sosprendida forma espida en espera dun significado descoñecido. De alí aquela azul neutralidade recén espertada, aquela esaxerada displicente disposición a todo. A primavera estaba alerta, deshabitada e vasta, dispoñible, sen folgo nin memoria, nunha palabra, agardaba a revelación.



A primavera

Bruno Shulz (1892-1942)


Abril, fotografía de Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares